Alumeado Exterior Municipal: Información

30.03.2017.- O Concello de San Cristovo de Cea ven de asinar o préstamo para a Reforma do Alumeado Público Exterior Municipal, na sede do IDAE (Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía) por un total de 477.000 €. Con esta obra, o Concello invirte en alta e eficiente tecnoloxía para mellorar a calidade deste servizo público, para conseguir unha menor contaminación lumínica e para optimizar o consumo eléctrico.

Esta operación foi concebida baixo unhas condicións que detallamos: Un ano de carencia, comezarase a pagar este préstamo, sen intereses, o vindeiro 28 de marzo de 2018, suporá pouco máis de 4.000 euros ao mes para as arcas municipais (pagarase en 10 anos), e aforrarase non menos dun 60% do gasto en electricidade do alumeado público de todo o concello (ata a data era de entre 150.000 a 170.000 euros anuais). A o ano de carencia súmaselle un importante aforro anual (150.000-90.000(60%)=60.000 gasto da factura da luz; 150.000-(60.000+47.700)=42.300 € aforro no peor dos casos), e a garantía de ter instalada tecnoloxía eficiente e moderna.

Galego

Neve no Concello para comezar a primavera

23.03.2017.- Onte e hoxe tivemos un fenómeno metereolóxico singular, para estas datas do ano, no noso Concello. Resumimos con 35 imaxes este feito, desde diferentes puntos do municipio. Preme na imaxe para ver as fotos.

Neve en marzo no Concello de Cea

© www.concellodecea.com

Lembrade que no apartado Todas as Fotos están recopiladas todas as que imos compartindo, neste intre 1.855 fotografias.

 

Galego

Alerta laranxa por mal tempo desde mañá

21.03.2017.- A Xunta de Galicia vén de activar para mañá a alerta laranxa por neve en zonas do interior das catro provincias, e por temporal no litoral da Coruña. Esta medida afecta ao transporte escolar, do noso Concello. Enlazamos a nova, para poder ampliar esta información.

Nova da Xunta

Tamén compartimos un arquivo pdf, coa información ampliada e onde se suliñan os concellos afectados

Arquivo de concellos afectados

 

Galego

Entroido 2017: Resumo

04.03.2017.- Resuminos o Entroido 2017 empregando fotos dos actos do mesmo. Para entrar en cada galería preme na foto que aparece debaixo do título. Estas fotos poderán verse tamén no apartado Todas As Fotos do menú da dereita.

Luns de Entroido: Carrozas de Mandrás e Os Picapiezas na Praza Maior (12 fotos)

Luns de Entroido 2017

Luns de Entroido: Festa Infantil no Edificio Multiusos (18 fotos)

Galego

Entroido 2017: Fotos Desfile Cole de Cea e PAI

01.03.2017.- Engadimos as fotos do Desfile de Entroido do Cole de Cea e do PAI, na Praza Maior o pasado venres 24 de febreiro. Para velas preme na imaxe que segue

Desfile Entroido Cole de Cea e PAI

© www.concellodecea.com

Galego

Entroido 2017

13.02.2017.- Engadimos o programa do Entroido 2017. Para ampliar preme na imaxe que segue.

 

Entroido 2017

© www.concellodecea.com

Galego

Axudas Plan Leader 2014-2020

B   A   N   D   O

 

 

         D. CELSO LUÍS GARRIGA RODRÍGUEZ, Alcalde-Presidente Accidental do Concello de San Cristovo de Cea,

 

        FAI SABER:

 

        O pasado 30 de xaneiro apareceu publicada no DOG. Número 20, a Resolución de Agader pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos empresariais dentro do Plan Leader 2014-2020, para as anualidades de 2017 e 2018.

 

        Destaca a existencia de liñas de subvención para proxectos “non produtivos” e “proxectos produtivos”, así coma a creación, modernización ou ampliación de empresas existentes.

 

 ESTA ALCALDÍA FAI SABER A TÓDOLOS VECIÑOS E EMPRESAS DESTE CONCELLO:

 

Galego

Os vídeos da Recepción dos Reis Magos

08.01.2017.- Compartimos catro videos da Recepción dos Reis Magos do pasado 5 de xaneiro no Edificio Multiusos. Están os catro na nosa canle de You Tube, á que podes acceder premendo na imaxe que segue, ou ben dándolle a leer máis nesta nova e tes os videos neste mesmo apartado. O Concerto do Coro Municipal, de Troula Group e máis un curto de 2 minutos da entrega de agasallos, con velocidade ampliada.

 

Canal You Tube

©www.concellodecea.com

1. Concerto Coro Municipal

2. Concerto Troula Group

3. Entrega de agasallos

Galego

Recepción dos Reis Magos 2017: Fotos

06.01.2017 .- Subimos ao apartado En Fotos 61 imaxes da Recepción dos Reis Magos no Edificio Multiusos do pasado 5 de xaneiro. Preme na imaxe para velas.

Recepción dos Reis Magos 2017

© www.concellodecea.com

Galego

Visita a Pazolandia 2017

06.01.2017.- Compartimos as fotos da visita a Pazolandia dos nenos e nenas do Concello o pasado 2 de xaneiro. Preme na imaxe para ver as fotos.

Pazolandia 2017

© www.concellodecea.com

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares