Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Festa do Pan, Ruta dos Fornos e moitas novidades

12.06.2015 .- Pasado o período electoral, retomamos a actividade normal da web para seguir mantendo informados a veciños e visitantes de todo canto acontece no noso Concello e de todo canto estamos nos mesmos informados, por iso pregamos que calquera nova que se considere de interese, sexa enviadaao noso contacto electrónico para poder publicala.

Desde o Concello de San Cristovo de Cea e desde o Consello Regulador da IXP Pan de Cea levamos meses traballando na XXIV Festa do Pan de Cea, por iso xa en febreiro presentamos o cartel oficial que se poderá ver xa desde o vindeiro fin de semana en rúas e establecementos comerciais tentanto ubicalos en lugares visibles e apropiados.

Por segundo ano consecutivo, a Festa terá dous días de actos programados con moitas novidades que xa estamos a anunciar nas Redes Sociais, si acaso nesta web faremos tamén un amplo fincapé en todo o que rodea a propia festa. A modo de resume, confirmamos a II Edición da Ruta dos Fornos, o sábado 4 de xullo, para o que haberá moi pronto os tickets á venta, e un amplo abano de actividades o domingo 5 de xullo.

Seguiremos detallando cada novidade.

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares