Obras de Mantemento e Conservación do Mosteiro de Oseira

22.01.2018.- En Oseira comezaron as obras de mantemento e conservación do Mosteiro. É unha obra de magnitude considerable que suporá un importante pulo ao estado do edificio. (Preme na imaxe para ver máis fotos)Visita á Oseira

Hoxe visitaron Oseira o presidente da Xunta de Galicia, o presidente da Deputación de Ourense, o conselleiro de Cultura, ademais doutras autoridades e técnicos que supervisaron o estado dos recén comezados traballos de mantemento e conservación deste Ben de Interés Cultural.

Afectará aos xardíns exteriores (embelecemento e sinalización da zona de aparcamento), na fachada do mosteiro limparase e cambiaranse os cerramentos, na fachada da Igrexa cambiaranse os cerramentos, cambiarase a cuberta do Patio de Pináculos, adecuarase a tenda, trataranse as Pinturas da Igrexa, axardinaranse e instalarase rego por aspersión nos tres claustros, actuarase na Sacristía e Sala de Palmeras, ademais de establecer unhas pautas para futuras actuacións seguindo un Plan Director que continue esta labor.

Unha importante actuación para un dos emblémas do noso Concello, que a bo seguro repercutirá positivamente na dinamización do noso municipio.

 

 

 

© www.concellodecea.com

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares