Oseira

Excursión "Reino de Navarra"

11.04.2017.- Excursión ao Reino de Navarra. Toda a información no cartel que segue, e calquera dúbida no Concello (tfno. 988 282 000) en horario de 9 a 15 horas.

Excursión a Navarra

© www.concellodecea.com

Galego

Polígono Industrial de Cea: Novo Apartado

03.04.2017 .- Abrimos un novo apartado referente ao Polígono Industrial de San Cristovo de Cea (menú da dereita). No mesmo iremos publicando información relevante do Polígono. Xa esta publicado e nel a seguinte información que podes ver o premer no título:

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES DO PROCEDEMENTO ABERTO, CUN SO CRITERIO DE ADXUDICACIÓN, PARA O ALLEAMENTO MEDIANTE COMPRAVENDA DAS PARCELAS A1, A2, A3, A4, A5, B1, B2, B3 e C, PROPIEDADE DO CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA (OURENSE), INCLUÍDAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA  CON DESTINO A USO INDUSTRIAL E DEMAIS USOS COMPATIBLES

Galego

Semana Santa 2016: Actividades

03.04.2017.- Compartimos a programación de Actividades para a vindeira Semana Santa, agardando que sexa do gusto de todos vós. Preme na imaxe para ampliar información

Semana Santa 17

© www.concellodecea.com

 

Galego

Concesión de prestación economica por fillas e fillos menores de tres anos

03.04.2017.- Hoxe publícase no D.O.G.A o extracto da resolución do 24 de marzo polo que se establecen as bases para a concesión de axudas en pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2017. Preme no enlace que segue para ver o texto. Lembramos que no apartado Axudas, Subvencións, Ofertas, Emprego temos unha ampla recopilación deste tipo de informacións relevantes

EXTRACTO da Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.

Galego

Alumeado Exterior Municipal: Información

30.03.2017.- O Concello de San Cristovo de Cea ven de asinar o préstamo para a Reforma do Alumeado Público Exterior Municipal, na sede do IDAE (Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía) por un total de 477.000 €. Con esta obra, o Concello invirte en alta e eficiente tecnoloxía para mellorar a calidade deste servizo público, para conseguir unha menor contaminación lumínica e para optimizar o consumo eléctrico.

Esta operación foi concebida baixo unhas condicións que detallamos: Un ano de carencia, comezarase a pagar este préstamo, sen intereses, o vindeiro 28 de marzo de 2018, suporá pouco máis de 4.000 euros ao mes para as arcas municipais (pagarase en 10 anos), e aforrarase non menos dun 60% do gasto en electricidade do alumeado público de todo o concello (ata a data era de entre 150.000 a 170.000 euros anuais). A o ano de carencia súmaselle un importante aforro anual (150.000-90.000(60%)=60.000 gasto da factura da luz; 150.000-(60.000+47.700)=42.300 € aforro no peor dos casos), e a garantía de ter instalada tecnoloxía eficiente e moderna.

Galego

Neve no Concello para comezar a primavera

23.03.2017.- Onte e hoxe tivemos un fenómeno metereolóxico singular, para estas datas do ano, no noso Concello. Resumimos con 35 imaxes este feito, desde diferentes puntos do municipio. Preme na imaxe para ver as fotos.

Neve en marzo no Concello de Cea

© www.concellodecea.com

Lembrade que no apartado Todas as Fotos están recopiladas todas as que imos compartindo, neste intre 1.855 fotografias.

 

Galego

Alerta laranxa por mal tempo desde mañá

21.03.2017.- A Xunta de Galicia vén de activar para mañá a alerta laranxa por neve en zonas do interior das catro provincias, e por temporal no litoral da Coruña. Esta medida afecta ao transporte escolar, do noso Concello. Enlazamos a nova, para poder ampliar esta información.

Nova da Xunta

Tamén compartimos un arquivo pdf, coa información ampliada e onde se suliñan os concellos afectados

Arquivo de concellos afectados

 

Galego

Entroido 2017: Resumo

04.03.2017.- Resuminos o Entroido 2017 empregando fotos dos actos do mesmo. Para entrar en cada galería preme na foto que aparece debaixo do título. Estas fotos poderán verse tamén no apartado Todas As Fotos do menú da dereita.

Luns de Entroido: Carrozas de Mandrás e Os Picapiezas na Praza Maior (12 fotos)

Luns de Entroido 2017

Luns de Entroido: Festa Infantil no Edificio Multiusos (18 fotos)

Galego

Entroido 2017: Fotos Desfile Cole de Cea e PAI

01.03.2017.- Engadimos as fotos do Desfile de Entroido do Cole de Cea e do PAI, na Praza Maior o pasado venres 24 de febreiro. Para velas preme na imaxe que segue

Desfile Entroido Cole de Cea e PAI

© www.concellodecea.com

Galego

Entroido 2017

13.02.2017.- Engadimos o programa do Entroido 2017. Para ampliar preme na imaxe que segue.

 

Entroido 2017

© www.concellodecea.com

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares