Mensaje de error

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (línea 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Andaina Solidaria 2021

03.06.2021.-  ANDAINA SOLIDARIA

Retomamos, en colaboración co Consello Regulador da IXP Pan de Cea, a Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea, que no pasado ano, non foi posible a súa celebración, por mor da pandemia.

- Data: 27 de xuño

- Dous percorridos: 10 e 20 kms.

- Saída as 9 h. (20 kms) e as 10 h. (10 kms)

- Prazas limitadas

- Puntos de avituallamento

- Pincho na chegada

- Sorteo de agasallos ao remate.

 

Abrimos prazo de inscrición desde este intre, e, dadas as circunstancias especiais, resumimos o proceso:

 

- Data límite: 24 de xuño

- Ingreso na conta bancaria que aparece no cartaz que compartimos (8 euros). (Pódese facer vía banca electrónica, ou directamente nun caixeiro de Abanca, ainda sen tarxeta).

A través do enderezo electrónico ( andaina@concellodecea.com ) ou no WhatsApp ( 672122300 ), enviar Nome, Apelidos, Email, Teléfono e DNI de cada participante e o xustificante bancario do ingreso.

Exemplo: ingreso nunha soa operación 4 participantes, adxunto os datos dos 4 ao email ou no WhatsApp.

En máximo 24 horas recibirás confirmación da inscrición e o número de dorsal.

O día do evento, recibirás o teu dorsal personalizado e un agasallo da organización.

  • A saída de ambos percorrido farase en grupos de 10 persoas/minuto (pode variar dependendo das restriccións que haxa o día da andaina).
  • Toma de temperatura obligatoria.
  • Obligatorio o uso de máscara en todo momento.
  • O pincho final será individual (bocadillo de pan de Cea, peza de fruta e auga)
  • O sorteo de agasallos será realizado durante a andaina e na chegada cada afortunado recollerá o que lle toque no sorteo público.
  • En todo momento deben evitarse as aglomeracións, e manter as distancias.

Un ano máis, unha parte da recadación irá destinada a AODEM (Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple). Na última edición cerca do 70% do recadado entregouse a esta asociación que tan loable acción realiza.

 

Andaina2021

#concellodecea

#pandecea

#andainasolidaria

 

Español

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares