Canal Oficial de WhatsApp

Undefined

Novo servizo de información a través de WhatsApp.

Trátase dunha canle de difusión das actividades municipais que son de interese xeral para os veciños (culturais, deportivas, sociais…), bandos municipais, calendario fiscal, alertas e situacións de emerxencia, convocatorias e outras noticias.

Esta canle será unidireccional e non servirá para atender demandas, queixas ou suxerencias. Para recibir a información proporcionada a través do Servizo de WhatsApp do Concello de San Cristovo de Cea debe darse de alta e enviar desde o número de teléfono que quere asociar a este servizo a palabra ALTA, e ademais é necesario ter agregado entre os seus contactos o número de teléfono do devandito servizo: 672 122 300. (Isto é necesario para poder recibir correctamente as mensaxes).

O Concello de San Cristovo de Cea utilizará este servizo para enviar información de interese xeral.

A canle é unidireccional e só de información, non servirá para atender demandas, queixas ou suxerencias. Non se responderán mensaxes nin se atenderán chamadas nese número de teléfono.

O uso incorrecto deste servizo por parte dos usuarios/ as, conlevará á expulsión da lista de difusión e, á súa eliminación e/ou bloqueo. Se nalgún momento quixese darse de baixa do servizo, bastará comunicalo mediante una mensaxe a ese mesmo número coa palabra BAIXA será borrado da canle.

 

CONSENTIMENTO PARA O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA é o Responsable do tratamento dos datos persoais do Usuario e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 ( GDPR), polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento:

Fin do tratamento: manter unha relación de información e o envío de comunicacións sobre as nosas actividades e servizos públicos que prestamos.

Criterios de conservación dos datos: conservaranse mentres exista un interese mutuo para manter o fin do tratamento e cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos.

Comunicación dos datos: Non se comunicarán os datos a terceiros, salvo obrigación legal.

Dereitos que asisten ao Usuario:

  • Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
  • Dereito de acceso, rectificación, portabilidad e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento.
  • Dereito a presentar unha reclamación #ante a Autoridade de control ( agpd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

 Datos de contacto para exercer os seus dereitos: Dirección postal: CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA. PRAZA MAIOR, 41 32130 CEA (OURENSE). Email: concello@concellodecea.com Datos de contacto do DPO: PRAZA MAIOR 1 concello@concellodecea.com

CONSENTIMENTO PARA PERTECENER Á LISTA DE DIFUSIÓN RESPONSABILIDADE DE CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA

Conforme co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril ( GDPR) e a Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro ( LOPDGDD), solicitamos o seu consentimento para incluírlle na lista de difusión responsabilidade de CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA, co único fin de enviarlle información municipal, polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento: CRITERIOS DE CONSERVACIÓN DOS DATOS: conservaranse durante non máis tempo do necesario para manter o fin do tratamento e cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos. COMUNICACIÓN DOS DATOS: non se comunicarán os datos a terceiros, salvo obrigación legal. DEREITOS DO USUARIO: Poderá retirar este consentimento en calquera momento enviando unha mensaxe coa palabra BAIXA. Tamén poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación e oposición que prevé o Regulamento comunicándoo ao responsable do tratamento mediante unha mensaxe polo mesmo medio que recibe as comunicacións. En todo caso, se considerase que o tratamento de datos non se axusta á normativa vixente, sempre poderá presentar unha reclamación #ante a autoridade de control en www.aepd.es. Datos de contacto do DPO: Praza Maior,1 – concello@concellodecea.com

Se consente o tratamento dos seus datos nos termos expostos debe contestar esta mensaxe co texto: SI ACEPTO


 

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares