Pandereteiras de Cea

"Ó oír cantar un pobo, e cando se comenza a coñecelo".

Galicia é un país de textura lírica, a poesía nace para ser cantada, e a música é o ámbito que a prolonga. O canto constitúe un dos medios de expresión lúdica mais destacable en Galicia. 

Pandereteiras de Cea

Os cantos populares nacen dun conxunto estraño e complexo de circunstancias, ninguén sabe quen creo a canción popular, nisto é no que consiste a súa forza. eran executados principalmente por mulleres cando se reunían para traballar, ou simplemente para divertirse. Os ritmos son moi diferentes, así como o contido das coplas, as cales aluden aos diversos aspectos cotiáns da vida tradicional galega. 

Os "fiadeiros", "mallas, "segas" (traballos agrícolas todos eles)...eran ocasións para cantar. Para facelo empregábanse diversos instrumentos, sendo o máis usual a pandereta, aínda que frecuentemente tamén se acompañaba de útil que se estivese utilizando para traballar.

Tendo isto presente, as PANDERETEIRAS DE CEA, levan a cabo o seu traballo dentro do campo do folclore. 

Pandereteiras de Cea

Pertencentes á Asociación Xuvenil e Cultural de Baile Tradicional de Cea, levan camiñando neste mundo desde 1991.

Iniciáronse da man de Carlos Vaamonde do Río, que acompaña por sempre ao grupo no recordo de todos os seus compoñentes.

Basean a súa posta en escena no traballo de recolleita de cánticos "Cantigas" e ritmos tradicionais, así como todo canto que poida haber sobre a vida tradicional galega. 

Pandereteiras de Cea

Os cantos, xogos, danzas e mesmo as costumes dun pobo, transmitíronse durante décadas de xeración en xeración; agora corren o risco de perderse, de ser esquecidas. As PANDERETEIRAS DE CEA, xunto con outras moitas agrupaciones de Galicia, contribúen co seu traballo a que permaneza viva a nosa tradición, a nosa historia, a non perder a nosa identidade.

Os traxes que empregan, sempre seguindo a información obtida das investigacións sobre os costumes galegos, é un traxe de faena, que se utilizaba para tarefas diarias, polo que está confeccionado con teas grosas e resistentes (liño, estopa, la) e compleméntase con zocos de coiro e madeira.

Teñen participado en numerosos actos de exaltación do folclore galego, así como en intercambios culturais con outras agrupaciones folclóricas de todo o territorio español. Con todo isto estenden o noso folclore por toda España actuando en actos celebrados en lugares como Badaxoz, Huesca, Cádiz, Cidade Real, Málaga, Murcia, Alacante, Cantabria, Asturias, Navarra, Lanzarote...tamén ten participado en programas televisivos como Luar da TVG, e colaborado na grabación dun video etnográfico sobre o liño coa CDR Eirada de Parada de Outeiro (Vilar de Santos).

Ademais participan en festas gastronómicas, romarías e outro tipo de eventos populares aos que son invitadas.

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar a imaxes preme sobre elas.

 

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares