Turismo: Mosteiro de Oseira

O Mosteiro de Santa María a Real de Oseira converteuse por méritos propios nun referente na arquitectura galega e de toda a península.

Comezou a súa andadura histórica en 1137 cando un grupo de monxes retirouse á soidade para vivila experiencia de Deus, integrándose na orde do Císter en 1141, baixo a dependencia de Claraval. Nun principio comezaron con edificios moi modestos que foron ampliándose a medida que foi despregando o potencial económico da casa, mercé ás continuas donacións que se lles fixo, e ás compras efectuadas polos propios monxes.

Tras un longo percorrido de luces e sombras, en 1929 e tras atoparse o edificio case en ruínas e despoiss dun século abandonado, sendo Bispo de Ourense e Dr. Cerviño, un grupo de monxes retorna a Oseira para, en primeiro lugar dar vida a aquel enorme edificio e recuperalo sendo tarefa ardua e complicada debido á falta de medios.

Con gran tesón, ganas e fe os monxes, baixo a súa propia dirección, comezan as obras de restauración alcanzando meritorios premios e recoñecementos polo labor realizado, sendo en 1990 cando de mans da súa Majestad a Raíña Doña Sofía reciben o Premio Europa Nostra.

Máis información en: www.mosteirodeoseira.org

Iglesia de Oseira Antigua Sala Capitular o Sala de las Palmeras Refectorio Monumental

© Las fotos son propiedad de www.concellodecea.com, y queda prohibida su reproducción total o parcial sin autorización expresa de los propietarios.

Para ampliar las imágenes pulse sobre ellas

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares