Piscinas Municipais

Podémolas atopar en O Lodairo, á beira do campo de fútbol, o complexo está formado por dous vasos, un de adultos cunha profundidade máxima de 2.50 metros e unha mínima de 1,45 metros, e un para nenos cunha profundidade en todo o vaso de 30 centímetros, ambos os vasos están flanqueados por valo e duchas de acceso, hai un roupeiro, un botiquín, dous vestiarios, un feminino e un masculino, un bar, un almacén e unha ampla zona verde para toallas.

Habitualmente as piscinas abren as súas portas na primeira semana de xullo e pechan ben entrado setembro dependendo sempre da climatoloxía existente.

Recentemente (maio de 2008) foron reacondicionadas.

O horario da piscina é:

MAÑAS

12:00 A 14:00 horas

TARDES

15:00 A 20:00 horas

Piscinas Municipais de Cea Piscinas Municipais de Cea

Piscinas Municipais de Cea Piscinas Municipais de Cea

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar as imaxes preme sobre elas.

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares