Gardería (PAI)

Desde maio de 2007, coa construción do moderno Edificio Multiusos, as familias do noso Concello puidéronse beneficiar da Gardería Municipal.

O edificio dispón dun local equipado a conciencia para este tipo de instalacións. Servizos adaptados, mobiliario adaptado e o equipamento en canto a material con última tecnoloxía (ordenador, dvd, televisión, etc).

Trátase, en definitiva, este servizo, dunha aposta persoal do noso Concello por axudar aos pais con fillos de 0 a 3 anos de conciliar a vida familiar e laboral, de facilitar o desenvolvemento da súa capacidade laboral, á vez que axuda aos máis novos a integrarse nun ambiente de nenos da súa mesma idade.

Este servizo esta desenpeñado por persoal cualificado.

O horario da gardería é de 8:00 horas a 16:00 horas.

O edificio está adaptado.

Gardería (Punto de Atención á Infancia) Gardería (Punto de Atención á Infancia)

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar as imaxes preme sobre elas.

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares