Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Grupo de Baile Tradicional de Cea

OBXETIVOS

A Asociación Xuvenil e Cultural de Baile Tradicional de Cea fórmase no ano 1996 para formalizar a actividade que a Agrupación de Baile Tradicional do Concello viña realizando dende o ano 1996.

O eixe principal sobre o que se traballa é o do folclore, que abarca, dende a investigación e a aprendizaxe, ata a posta en escea. 

Grupo de Baile Tradicional

INVESTIGACIÓN : Divididos en grupos de catro ou cinco compoñentes, percorren as pequenas aldeas e pobos de Galicia buscando enriquecer o seu repertorio á vez que se contribúe á conservación do patrimonio cultural galego.

APRENDIZAXE : As pezas que se recuperan, ensínanse a todos os compoñentes da Agrupación, aproximadamente 30 mozos e mozas, e aos poucos, á canteira de nenos e nenas que representan o futuro do grupo, e garanten a súa continuidade. As clases impartense os sábados, combinándoas coas de gaita e percusión tradicional; e pola semana, aproveitando os recreos do colexio. 

Grupo de Baile Tradicional

POSTA EN ESCEA : O traballo de aprendizaxe faise visible nos diferentes festivales e concursos nos que participa cada ano. Ademais de actuar en diferentes puntos do municipio, da provincia e de toda Galicia a Agrupación visitou tamén Portugal, Asturias, Cantabria, Huesca, Málaga, Murcia, Cádiz, Badajoz, Cidade Real e mesmo a Illa de Lanzarote.

Combinan no escenario, diversas facetas do folclore (música, canto e baile), obtendo un espectáculo ameno e variado

OUTRAS ACTIVIDADES

Anualmente, desde 1997, o primeiro fin de semana de Agosto, como compoñente da Asociación Xuvenil e Cultural CHARAMELA , organiza o Festival A Danza e ó Son dás Meigas . É esta unha Xuntanza de Folclore de tres días de duración que reúne grupos de diferentes puntos de todo o Estado, que durante aproximadamente catro días coñecen, actúan e conviven na nosa terra.

Ten lugar ademais, grazas á actividade da Asociación, charlas, cursos e coloquios sobre temas relacionados con diversos aspectos da tradición galega

TELÉFONO DE CONTACTO: 988 282 000

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar a imaxes preme sobre elas.

 

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares