Oseira

Nadal 2025: Campamento

Galego

Cea Conclia presenta: Campamento de Nadal 2025

26/11/2025 .- Engadimos o enlace para descargar o formulario de inscrición do Campamento de Nadal 2025. O prazo de inscrición rematará o 15 de decembro. O formulario cuberto pode enviarse por whatsApp (672 122 300) ou ao correo electrónico cultura@concellodecea.com. O formulario tamén se pode imprimir, cubrilo e levalo persoalmente ás oficinas municipales (de luns a venres de 9 a 14:30 horas). No propio concello tamén poden solicitar o formulario para cubrir. Preme no enlace que segue para acceder ao documento a cubrir. Dúbidas e consultas no 672122300 (whatsapp)

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Galego

Plan Básico Municipal

17/07/2025 .- Visor do Plan Básico Minicipal. Lembramos que esta aberto o plazo de exposición, consulta e alegacións para o Plan Basico Municipal do Concello de San Cristovo de Cea trala súa aprobación inicial.

VISOR PLAN BÁSICO

Galego

Cea Concilia presenta: Disney Camp 2

Disney Camp2

16/05/2024 .- Engadimos o enlace para descargar o formulario de inscrición do Campamento de Verán 2025. O prazo de inscrición rematará o 15 de xuño. O formulario cuberto pode enviarse por whatsApp (672 122 300) ou ao correo electrónico cultura@concellodecea.com. Unha vez recibido poremonos en contacto para enviar programación e condicións particulares do Campamento. O formulario tamén se pode imprimir, cubrilo e levalo persoalmente ás oficinas municipales (de luns a venres de 9 a 14:30 horas). No propio concello tamén poden solicitar o formulario para cubrir. Preme no enlace que segue para acceder ao documento a cubrir. Dúbidas e consultas no 672122300 (whatsapp)

Particularidades

- Meses de xullo e agosto

- Servizo de madrugadores 9 a 10 h.

Galego

I Liga de Verán de Pádel

Liga de pádel

16.05.2025 .- I Liga de Verán de Pádel organizada polo Concello de San Cristovo de Cea. Abrimos inscricións e manteranse abertas ata o 20 de xuño. Podes inscribirte de xeito individual ou xa coa túa parella. Se a inscrición é individual, a partir do peche de inscrición emparellaranse os participantes libres.

A liga desenvolverase nas categorias que haxa participantes suficientes (masculino, feminino e mixo), en forma de liguilla e fase final. 

A pista terá reserva diaria para uso exclusivo da Liga.

O prezo por participar será de 20 € / persona, e o uso da pista será gratuito. No prezo está incluido o agasallo dunha camiseta e cada parella recibirá no primeiro partido un pack de pelotas, que serán as únicas válidas para a disputa dos partidos.

Galego

Festa do Pan de Cea 2025

15.05.2025 .- Anunciamos as datas da vindeira Festa do Pan. Chegamos a Edición XXXII e asimesmo, as actividades que a complementan, Andaina Solidaria (9ª edición) e Ruta dos Fornos (11ª Edición)

Festa do Pan 2025

Preme para ampliar

Galego

Taller de iniciación ao Mindfulness

12.05.2025.- As actividades físico - deportivas son básicas para manternos activos e en forma, para mellorar a nosa calidade de vida e para que nos sintamos mellor co noso corpo. Nese sentido Vai enfocado o programa de actividades coma a Ximnasia, o Ioga o Zumba ou o Pilates.

Galego

Obradoiros de Saúde

21.03.2025.- Charlas de Saúde no Edificio Multiusos o vindeiro martes, 25 de marzo, desde as 10 horas. Acceso libre e de balde. Anímate e asiste a unhas novas xornadas impulsadas pola Área Sanitaria coa colaboración do Concello. 

Preme para ampliar 

Galego

Entroido 2025: programación

 

Preme na imaxe para ampliar

24.02.2025.- Chega o Entroido! A continuación compartimos a programacion para o mesmo:

Venres, 28 de febreiro: Desfile dos nenos e nenas do Cole de Cea e da Gardería na Praza Maior, a partir das 12 horas

Sábado, 1 de marzo: Gran Desfile de Carrozas e Comparsas de Entroido polas rúas de Cea. 17 horas. Premios de 700 €, 350 € e 150 € para as tres elexidas polos propios participantes.

A partir das 21:30 horas cea e festa de entroido no pavillón de deportes, con música en directo. Tickets á venda ata o xoves 27 de febreiro.

Galego

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO INTERMUNICIPAL DELEGADO DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DE COMPETENCIA

10.02.2025.- 
 
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO INTERMUNICIPAL DELEGADO DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DE COMPETENCIA
 
Esta modificación entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2025.
 
A Ordenanza fiscal provincial establece o marco normativo e financeiro para a prestación do servizo, substituíndo as ordenanzas de taxas de este servizo existentes nos municipios da provincia que teñen delegada esta competencia (59 concellos)
 
A Deputación de Ourense, en réxime de competencia delegada, é agora responsable da ordenación, xestión e planificación do servizo.
 
Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares