I Liga de Verán de Pádel

Liga de pádel

16.05.2025 .- I Liga de Verán de Pádel organizada polo Concello de San Cristovo de Cea. Abrimos inscricións e manteranse abertas ata o 20 de xuño. Podes inscribirte de xeito individual ou xa coa túa parella. Se a inscrición é individual, a partir do peche de inscrición emparellaranse os participantes libres.

A liga desenvolverase nas categorias que haxa participantes suficientes (masculino, feminino e mixo), en forma de liguilla e fase final. 

A pista terá reserva diaria para uso exclusivo da Liga.

O prezo por participar será de 20 € / persona, e o uso da pista será gratuito. No prezo está incluido o agasallo dunha camiseta e cada parella recibirá no primeiro partido un pack de pelotas, que serán as únicas válidas para a disputa dos partidos.

Os partidos terán unha marxe de días para celebrarse, e sempre co acordo das parellas que se enfrenten. Os participantes, aceptarán a súa inclusión dun grupo de WhatsApp, no que a organización informará unicamente de por menores da "Liga"

A organización reservase a inclusión de patrocinadores na I Liga de Verán.

Desde o peche de inscricións, os participantes recibirán toda información do desenvolvemento da liga (participación, calendario, horarios reservados, etc) 

Calquera dubida resolverase no 672 122 300

 

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares