Turismo: Mosteiro de Oseira
O Mosteiro de Santa MarÃa a Real de Oseira converteuse por méritos propios nun referente na arquitectura galega e de toda a penÃnsula.
Comezou a súa andadura histórica en 1137 cando un grupo de monxes retirouse á soidade para vivila experiencia de Deus, integrándose na orde do CÃster en 1141, baixo a dependencia de Claraval. Nun principio comezaron con edificios moi modestos que foron ampliándose a medida que foi despregando o potencial económico da casa, mercé ás continuas donacións que se lles fixo, e ás compras efectuadas polos propios monxes.
Tras un longo percorrido de luces e sombras, en 1929 e tras atoparse o edificio case en ruÃnas e despoiss dun século abandonado, sendo Bispo de Ourense e Dr. Cerviño, un grupo de monxes retorna a Oseira para, en primeiro lugar dar vida a aquel enorme edificio e recuperalo sendo tarefa ardua e complicada debido á falta de medios.
Con gran tesón, ganas e fe os monxes, baixo a súa propia dirección, comezan as obras de restauración alcanzando meritorios premios e recoñecementos polo labor realizado, sendo en 1990 cando de mans da súa Majestad a RaÃña Doña SofÃa reciben o Premio Europa Nostra.
Máis información en: www.mosteirodeoseira.org
© Las fotos son propiedad de www.concellodecea.com, y queda prohibida su reproducción total o parcial sin autorización expresa de los propietarios.
Para ampliar las imágenes pulse sobre ellas