Alerta Laranxa por Temporal
26.12.2017 .-Â A estas horas comeza a deixarse sentir o temporal en Cea. Ainda que os ventos non son fortisimos comezan a facerse notar. Deixamos uns consellos que nos fan desde a Axencia Galega de Seguridade.
"As condicións meteorolóxicas irán empeorando co paso das horas. Segundo a previsión, agárdanse refachos de vento que poderán oscilar entre os 90 e os 110 km/h en toda a Comunidade galega. Ademais, activarase outra alerta de nivel laranxa nas provincias do litoral por fenómenos costeiros. AsÃ, ante esta situación, o 112 Galicia recomenda extremar as precaucións, en terra e mar e seguir estas recomendacións:
Retira todos os obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras ou tellados
Afástate de diques, rompentes ou calquera outro lugar no que o mar te poida sorprender
Camiña preto das fachadas dos edificios
Afástate de edificios ruinosos, andamios, árbores ou paneis publicitarios
Evita os desprazamentos por estrada
Se non che queda outra que coller o coche, comproba o estado do tráfico na web da DXT
Ante calquera situación de emerxencias, chama ao 112 Galicia"
Â