02.01.2018.- Compartimos un vÃdeo moi curto da obra de Teatro "Normas para vivir na sociedade actual" de Sarabela Teatro do pasado 23 de decembro ao non estar permitido gravar na sala. Para que quede de lembranza.  Â
02.01.2018.- O pasado 23 de decembro no Edificio Multiusos, Sarabela Teatro, fixo as delicias do público asistente con "Normas para vivir na Sociedade Actual". Compartimos unha breve galerÃa fotográfica que podedes ver premendo na foto que segue:
26.12.2017 .-Â A estas horas comeza a deixarse sentir o temporal en Cea. Ainda que os ventos non son fortisimos comezan a facerse notar. Deixamos uns consellos que nos fan desde a Axencia Galega de Seguridade.
"As condicións meteorolóxicas irán empeorando co paso das horas. Segundo a previsión, agárdanse refachos de vento que poderán oscilar entre os 90 e os 110 km/h en toda a Comunidade galega. Ademais, activarase outra alerta de nivel laranxa nas provincias do litoral por fenómenos costeiros. AsÃ, ante esta situación, o 112 Galicia recomenda extremar as precaucións, en terra e mar e seguir estas recomendacións:
Retira todos os obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras ou tellados
10.11.2017.- Publicación do procedemento aberto, trámite de urxencia , varios criterios de adxudicación, para a contratación do suministro dun tractor e dúas desbrozadoras polo Concello de San Cristovo de Cea. A continuación engadimos enlaces ao Anuncio e ao Prego de Clausulas Administrativas.
25.10.2017.- Proximamente abrirán ao público tres servizos renovados. O Telecentro, a Aula de Formación e a Biblioteca Municipal, tras as obras de modernización e a sustitución de equipamento tecnolóxico, abrirán de novo en breve para uso e disfrute dos veciños que asà o demanden. Estas obras foron cofinanciadas por AGADER e o Concello de San Cristovo de Cea.