Oseira

XXVI Festa do Pan de Cea

04.06.2017.- Ano 26 para a Festa de Exaltación do Pan de Cea. Un evento xa con maioría de idade e que ano tras ano segue exaltando un produto único e inimitable. Preme na miniatura para ampliar.

© www.concellodecea.com

Galego

IV Ruta dos Fornos

04.06.2017.- Por cuarto ano o Concello de Cea e o Consello Regulador da IXP Pan de Cea organizan a Ruta dos Fornos, unha experiencia gastronómica singular onde os visitantes poderán degustar un pincho e un viño en cinco antigos fornos de Pan de Cea da Vila de Cea por un prezo de 5 €.

Adxuntamos o cartel, que podes ampliar premendo na miniatura. Nos vindeiros días ampliaremos información.

IV Edición Ruta dos Fornos

Galego

Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea

01.06.2017.- Por segundo ano consecutivo o Concello de Cea e o Consello Regulador da IXP Pan de Cea organizan unha Andaina Solidaria como un acto máis da Festa do Pan. Será o domingo anterior, como o ano pasado, e este será en favor de Oncomet, un grupo galego de investigación da biopsia líquida, en pos da detección precoz do cancro.

Será, por tanto o 25 de xuño, con dous percorridos (10 e 22 kms.), a inscrición é ata o 23 de xuño, realizando un ingreso na conta habilitada en ABANCA de 8 €. A Recadación, ( o ano pasado entregouse a AODEM case o 85% do recibido)será para este grupo de investigación.

Como novidade está o servizo de duchas que se habilitará no pavillón polideportivo. O rematar a proba haberá un pincho para os asistentes con Pan de Cea e produtos doados polos colaboradores e outros que aportará a propia organización. Tamén haberá un sorteo de agasallos doados por empresas da zona e colaboradoras nesta iniciativa solidaria.

Adxuntamos o cartel, en breve compartiremos os colaboradores 

Galego

Acta do Tribunal do segundo exercicio e final da convocatoria para cubrir 10 Prazas do SAF

31.05.2017 .- Acta do Tribunal do segundo exercicio e final da convocatoria para cubrir 10 Prazas do SAF 

Preme aqui para velo

Galego

Proba de Galego para cubrir 10 prazas de auxiliar do servizo de axuda no fogar.

19.05.2017.- Acta da proba de Galego para cubrir 10 prazas de auxiliar do servizo de axuda no fogar..

Preme aquí para vela

Galego

Acta de Contitución do Tribunal e das probas de Experiencia, Formación e Coñecemento do Término para cubrir 10 prazas de auxiliar do servizo de axuda no fogar.

19.05.2017.-  Acta de Contitución do Tribunal e das probas de Experiencia, Formación e Coñecemento do Término para cubrir 10 prazas de auxiliar do servizo de axuda no fogar.

Preme aquí para vela

Galego

Resolucion de alcaldía de admitidos e excluidos das prazas de auxiliar do servizo de axuda no fogar

12.05.2017 .- Engadimos a Resolucion de alcaldía de admitidos e excluidos das prazas de auxiliar do servizo de axuda no fogar.

 

Preme AQUI para vela

Galego

Charla Divulgativa sobre a Guardia Real

12.05.2017.- O xoves, 18 de maio, no edificio multiusos, a Guardía Real, dará unha charla divulgativa para que a poboación coñeza a súa labor. Moi interesante e recomendable. Preme para ampliar na imaxe.

Guardia Real

© www.concellodecea.com

Galego

Novidade! Risaplus 2017

12.05.2017.- Novidade! Taller de Risoterapia e Antiestrés. En xuño!. Máis info na imaxe (amplíase ó premer) 

 

Risaplus 2017

© www.concellodecea.com

Galego

Ludiverán Kids 2017

12.05.2017.- Para ir facendo plans, Ludiverán Kids 2017. Remata o prazo de inscrición o 31 de maio. Máis info premendo na imaxe que segue:

 

Ludiverán 2017

© www.concellodecea.com

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares