Banda de Gaitas de Cea: A Ilusión do Ben Facer
29.07.2014 .- A Banda de Gaitas de Cea foi durante anos unha referencia na provincia e incluso na nosa Comunidade Autónoma. É, ainda, a máis laureada das Bandas de Gaitas de Galicia e o lóxico paso do tempo e a ausencia de relevo xeneracional provocou a súa desaparición alá por finais de 2009.
Case cinco años despois, e ainda coa esperanza de volver a ver a formación algún dÃa en activo, estamos preparando un especial que profundizará neste emblema, un máis, que tivo e mantén o noso Concello.
Compoñentes da mesma, porque non debemos tratalos de ex, facilitáronnos material gráfico para ese especial, se eres un compoñente da Banda, e tes material que consideras que debe estar nese especial enviao ao noso contacto, en breve estará online o Especial "Banda de Gaitas de Cea: A Ilusión do Ben Facer"