Alumeado Exterior Municipal: Información
30.03.2017.- O Concello de San Cristovo de Cea ven de asinar o préstamo para a Reforma do Alumeado Público Exterior Municipal, na sede do IDAE (Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la EnergÃa) por un total de 477.000 €. Con esta obra, o Concello invirte en alta e eficiente tecnoloxÃa para mellorar a calidade deste servizo público, para conseguir unha menor contaminación lumÃnica e para optimizar o consumo eléctrico.
Esta operación foi concebida baixo unhas condicións que detallamos: Un ano de carencia, comezarase a pagar este préstamo, sen intereses, o vindeiro 28 de marzo de 2018, suporá pouco máis de 4.000 euros ao mes para as arcas municipais (pagarase en 10 anos), e aforrarase non menos dun 60% do gasto en electricidade do alumeado público de todo o concello (ata a data era de entre 150.000 a 170.000 euros anuais). A o ano de carencia súmaselle un importante aforro anual (150.000-90.000(60%)=60.000 gasto da factura da luz; 150.000-(60.000+47.700)=42.300 € aforro no peor dos casos), e a garantÃa de ter instalada tecnoloxÃa eficiente e moderna.
En todo España só 37 concellos foron escollidos para esta iniciativa pioneira, e de toda a comunidade autónoma 2, o Concello de Castrelo de Miño e o de San Cristovo de Cea.Â
Acompañamos unha imaxe da firma deste préstamo do Alcalde na sede do IDAE en Madrid.
Â
Â