Neve no noso Concello.

16.01.2015 .- Sorprendeunos o amencer regalándonos folerpas de neve para poder divisar unha paisaxe diferente. Ás consabidas dificultades que trae consigo a neve, tamén nos deixa estampas que son un verdadeiro agasallo da natureza. Visto o amencer collemos rumbo aos lugares máis altos do noso Concello e que estaban accesibles, e trouxémonos unha selección de 52 imaxes que quedarán nesta web para a lembranza y para disfrutar o regalo que esta mañá tivemos para os nosos sentidos. Agardamos que vos gusten.

Para ver unha galería de 52 imaxes da nevada de hoxe, premedes na imaxe de mostra que poñemos a continuación.

Tamén podedes velas premendo no menú da dereita no apartado As Nosas Fotos. © www.concellodecea.com

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares