20 anos: aquel 28 de maio de 1994
28.05.2014 .- En primeira persoa cóntannos como foi aquel 28 de maio, no que os xuvenÃs de CD Cea gañan a Copa Deputación na súa categoria.
Â
Xa 20 anos…
Aquel 28 de maio de 1994… un grupo de imberbes rapaces de Cea e do seu Concello…
Nunca nos viramos noutra... Xogar a final da Copa Deputación, no Couto. Buff, para nós como se fora a final da Champións.
Casa sen querelo e sen contalo, fomos pasando eliminatoria tras eliminatoria, e plantámonos na Final, na Gran Final, contra o Ribadavia, menuda, un equipazo tiñan o ribeiraos, pero en ilusión, como moito, empatabamos.
Lembro vivir os dÃas antes e o propio dÃa como un auténtico heroe, podÃamos emular aos noso Ãdolos de entón, aqueles que poucos anos antes foran quen de gañar a copa sénior fronte ao potentÃsimo Allariz, que ambientazo naquela final ¿Será a nosa igual?.
Ilusión e un pouco de nervios xa desde dÃas antes, pero chega o gran dÃa, concentración máxima, pero seguen os nervios, algún ata case cae para atrás o ver como estaban as gradas do estadio desde as ventás do propio vestiario.
Caras de concentración, aqueles, sobre todo, amigos da época non parecÃan os mesmos, o adestrador dando ordes, caso absoluto por parte de todos, silencio, moitas ganas de comezar e seguen os nervios a flor de pel.
Saltamos o céspede, coma xuncos, irremediablemente, miramos as gradas, moita xente, moitÃsima, medio pobo de Cea ou algo máis. Familiares, amigos, cativos, algún dos nosos heroes que anos atrás foran que de facernos estremecer no mesmo lugar mais ou menos a mesma hora pero en domingo, nesta ocasión a Gloria tocaba tocala en sábado.
Rituais tÃpicos antes do partido, o Ribadavia de vermello, nós de celeste, coma sempre, ou case sempre, (lembro a vitoria en extremis ante o Maside en Maside de branco con ribetes azuis e verdes) o colexiado un cativo coma os 22 de campo…. Comeza o partido, pasa rápido, GOOOOL boa xogada que remata no 1 a 0 (xogabamos de locais), o resto do partido e o de menos… ganamos, apurados, eso si, o final o Ribadavia demostrou ser un equipo forte e meteunos na área ol últimos minutos….
FacÃase realidade un soño, cumprÃase a ilusión dos que formábamos aquel marabilloso grupo.
Celebración a tope, e durmir CAMPIONS
Â
Video da final
Â
Â
© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.
Para ampliar as imaxes preme sobre elas.