Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Nota de prensa: Arquivada a imputación contra o Alcalde e o Secretario

06.08.2014.- O pasado día 24/06/2014 o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución do Carballiño decretou o arquivo do procedemento que por suborno se iniciara de oficio contra o Alcalde e o Secretario Municipal, en virtude do testemuño remitido polo Xulgado n.º 5 de Vigo que xulga o denominado caso das 5 Jotas, e que supuxera a imputación do Alcalde e o Secretario Municipal.

En auto de arquivo a Maxistrado-Xuíz sinala a falta de indicios racionais da comisión do delito que se imputaba, argumento que igualmente destaca a fiscalía no seu informe, salientando esta que das dilixencias practicadas unicamente se deriva unha controversia relativa ao cumpro dos convenios subscritos entre o Concello e a empresa que, en todo caso, se debería tramitar na xurisdición contencioso-administrativa.

Esta Alcaldía lamenta o tratamento dado á denuncia dun suxeito implicado nun dos procedementos mais graves de branqueo de capitais que se deu en Galicia, e que supuxo poñer en dúbida a honestidade deste Alcalde e do Secretario Municipal cunhas acusacións tan graves como falsas, que agora os tribunais descartaron ante a absoluta falta de indicios, ao tempo que cinguen a actuación municipal á esixencia por parte do Concello á empresa do cumprimento das obrigas derivadas dos convenios subscritos como requisito para que esta puidese inscribir rexistralmente a parcela obxecto destes.

O Concello de San Cristovo de Cea actuou neste expediente, como en todos, suxeitándose aos procedementos legais e defendendo os intereses municipais, polo que, á vez que nos felicitamos polo auto xudicial, esperamos que aqueles responsables políticos que esixiron a dimisión do Alcalde dando pábulo e difundindo as acusacións dun delincuente, e atropelando a presunción de inocencia, procedan agora a presentar eles a súa renuncia, que é o que deberían facer se lles quedase o menor indicio de dignidade persoal e política.

Ver nota de prensa

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares