Axudas Plan Leader 2014-2020

B   A   N   D   O

 

 

         D. CELSO LUÍS GARRIGA RODRÍGUEZ, Alcalde-Presidente Accidental do Concello de San Cristovo de Cea,

 

        FAI SABER:

 

        O pasado 30 de xaneiro apareceu publicada no DOG. Número 20, a Resolución de Agader pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos empresariais dentro do Plan Leader 2014-2020, para as anualidades de 2017 e 2018.

 

        Destaca a existencia de liñas de subvención para proxectos “non produtivos” e “proxectos produtivos”, así coma a creación, modernización ou ampliación de empresas existentes.

 

 ESTA ALCALDÍA FAI SABER A TÓDOLOS VECIÑOS E EMPRESAS DESTE CONCELLO:

 

         1º.- PRAZO DE SOLICITUDE: Para a anualidade 2017 o prazo remata o vindeiro 31 de marzo de 2017.

 

        2º.- CONTIA SUBVENCIONABLE: O tanto por cento subvencionable varia dependendo dos baremos e prioridades da tipoloxía do proxecto.

 

        Dada a complexidade da Orde, tódolos veciños interesados poderán dirixirse ás Dependencias Municipais ós efectos de obter mais información e asesoramento para a súa tramitación, se é o caso.

 

                                              San Cristovo de Cea, a 9 de febreiro de 2017.

 

                                                       O Alcalde-Presidente accidental,

 

 

 

                                                       Asdo.: Celso Luís Garriga Rodríguez.-

 

Preme aqui para descargar o documento

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares