Presentación "Xogo de Rapaces"

13.10.2014 .- O pasado sábado no Edificio Multiusos Municipal, Fausto González Hermida presentou o seu libro "Xogo de Rapaces", ante un auditorio practicamente cheo.

O Alcalde, José Luis Valladares, presentou o acto, no que tiveron a palabra, Acisclo Manzano, recoñecido escultor afincado no noso Concello e amigo persoal do autor, Francisco Xabier Limia, profesor e historiador, autor do limiar da publicación e o propio Fausto González Hermida.

Un aperitivo para os asistentes coa animación dun cuarteto de vento pecharon un acto moi ameno e dinámico.

No enlace que segue podes ver unha serie de 26 imaxes da presentación

Presentación "Xogo de Rapaces" (11.10.2014) 

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares