Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

O Vello Madeiro

No camiñar do tempo, o vello madeiro,viu pasar un sin fin de historias, que si tivera a ven contarmas tería que engaiolar os seus ditos moitos séculos atrás, pois a sua madeira de castiñeiro carcomida e agrietada, xa me din sin recurrir o carbono14 que son moitos os séculos que esta madeira viu pasar, ao longo deles,si quixera, podía contarme as suas historias.

Pode que tivera na sua infancia, cando arboliño, unha fermosa xuventude sen atrancos de contaminación, nacendo quizais no barrio dos casteñeiriños, lugar de castiñeiros, no que hoxe non hay unha soa árbore de esta clase, no noreste de Cea.

Por estas datas do teu nacemento, esta zona sería como un pulmón de respiro para o pobo.

Polo teu diámetro non deberias ser moi vello cando che quitaron a vida, zicais xa habías co teu fruto alimentado os meus antepasados, ¿ Cómo me podias falar de aquelas xentes que recollian as castañas? ¿ Cómo o facían, eran alegres, cantaban, de que falaban, que decían...? Mentras, castaña a castaña as iban recollendo, para nas frías noites de inverno o calor da lareira, lles servía de alimento nas distintas formas de preparalas, cocidas con leite, asadas...etc. ¡ Que importante foi a castaña para a alimentación dos nosos ancestros!.

Como digo, os teus anos deben ser tantos, que si falaras, pero xa sei que non me vas decir nada, contariasme a historia dos meus maiores que eu trato de adiviñar o longo das suas actas de nacemento e defunción e dos seus documentos deixados, como testamentos, compras de fincas...etc. Así, pola caligrafía das suas firmas, vou adiviñando a súa cultura, chegando na árbore xeolóxica que teño feita a un tataravo de nome Tomás Gómez ,que viviu alá polo ano 1.750, e ti, tes que acordarte del, pero xa sei que non me contarás nada. Iste tataravo ten o seu valor historíco, pois o seu apelido Gómez mantense o longo dos séculos e seguira figurando a traves dos meus netos ata que Deus o queira.

E porque non me falas da casa da praza que estiveches uns 300 anos ou mais fagendo de sosten viga da vella casona que eu desfixen, para ir cos tempos, e que empregando os novos materiais da construccion ti xa eras obsoleto, por iso deixaches de ser útil. Durante istes anos coñeceches os meus ancestros dos cales me podias falar, falaríasme da miña avoa Dorinda e dos seus irmáns, tamen dos seus pais meus bisavos, Cristobal Fernández ( 1.837-1.907) que morreu con 70 anos, da sua muller Narcisa Pérez Robles (1.847-1.927) que morreu con 80 anos. E porque non si ti estabas alí oíndo as suas falas, tamen me falarías dos tataravos Benito Fernández e Francisca Fernández que vivían alo polo 1.833 eran os pais do Cristobal. Os pais da Narcisa eran Francisco Pérez e Micaela Robles que tamen vivían por 1.833,;E de destacar a pérdida do apelido Robles, non chegando a mín mais ca os apelidos dos homes; sendo de lamentar a pérdida de este apelido, xa que na bisbarra de Cea non existe que eu saiba.

E porque non me falas dos antiguos alcaldes que ocuparon o concello de Cea, que ti desde a atalaia da casa en que te atopabas viches pasar a ises 35 representantes do pobo, que coas súas corporacións desfilaron pola vella praza camiño do concello desde 1.885 con D. Antón Vilariño farmaceutico ata hoxe. Penso, que me dirias que pouco fixeron e que o pobo ten pouco que agradecerlles a case todos.

E xa vou rematar esta leria contigo, xa que iste inverno, prestaraslle o último servicio a familia que te viu nacer, sendo pasto do lume, que coas calorias que produza a túa vella madeira carcomida, quentará a casa , para así a cinsa extendela pola terra acabandose así o ciclo, volvendo a terra, para facerlle eco o dito “ A materia non se crea nin se destrue so se transforma.”

ANGODA

 

 

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares