11.11.2015 .-A comunidade de monxes de Oseira conta con novo superior, cuxo nomeamento faise efectivo no día de hoxe, festividade de San Martíño de Tours. Trátase de Alfonso Lora Astudillo, natural de Fuentes de Andalucía (Sevilla). Ten actualmente 65 anos e foi de profesión enfermeiro en Sevilla antes de entrar en Oseira o 23 de xaneiro de 2008. Posteriormente, fixo a súa profesión perpetua o 11 de xullo de 2013.
O abade de San Isidro de Dueñas, Juan Javier Martín Hernández, comisionado polo abade xeral da Orde Cisterciense e en presenza do Obispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet, nombrouno novo superior da abadía de Santa María la Real de Oseira o pasado día 9 deste mes de novembro.
22.10.2015.-Detectouse a posibilidade de que no Cemiterio Parroquial de Cea exista un niño de Vespa Velutina (A Vespa Asiática).
Por iste motivo prégase a todos os usuarios que extremen precaucións.
Ao mesmo tempo xa están avisados os órganos competentes para subsanar esta incidencia e agardamos que en cuestión de horas teñamos noticias sobre a resolución do problema.
27.09.2015 .- Compartimos unha ampla galería das Festas da Saleta, que se celebraron en Cea desde o pasado 18 de setembro ao 21. Dispoñibles no noso apartado En Fotos de Flickr, ao que podedes acceder desde o enlace da dereita, ou ben premendo na foto que segue.
02.09.2015 .- Onte 1 de setembro comezaba o curso para os nenos da Gardería. O Alcalde, visitou hoxe as instalacións municipais.
Ata 18 nenos, neste intre, sobre un límite de 20 prazas.
Na visita pudemos comprobar o perfecto estado das instalacións así como que a xornada transcurría con total normalidade para os máis cativos do noso Concello e dalgún Concello limítrofe que usan estas modernas dependencias.
Achegamos unha serie de imaxes da visita, para velas preme na imaxe que segue.