Oseira

Mensaxe de erro

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).

Concetracion a favor da Xornada Única no Cole

14.02.2015 .- Onte diante do Colexio Público Virxe da Saleta celebrouse unha concentración a favor da Xornada Única no Centro. Esta actuación promovida pola comunidade educativa recibiu o respaldo do Concello de Cea, coa presenza do Alcalde, que manifestou, que "O Concello de Cea e o Alcalde estarán, sempre, a favor do que reclamen os alumnos e os pais do Colexio de Cea, que o Concello e el mesmo están a disposición deles para o que precisen, e que o que sexa bo para alumnos e pais de alumnos será bo para Cea"

Imagen da concentracion. www.concellodecea.com  O Alcalde de Cea, acompañando na concentración a alumnos e pais.

preme en cada imaxe para ampliar

Galego

Festa de Entroido na Gardería: As fotos

14.02.2015 .- Xa están as fotos da Festa de Entroido da Gardería Municipal subidas á nosa galería en Flickr. Podedes velas no enlace da dereita e premendo na foto que poñemos ó rematar a noticia. Por primeira vez usamos un sistema multicámara, que agardamos sexa do voso agrado. Como poderedes comprabar son 72 imaxes para que quede o recordo de tan entrañable evento.

Entroido Gardería 2015

Galego

Entroido na Gardería 2015: Video en HD

14.02.2015 .- Engadimos un video da Festa de Entroido de onte dos nenos da Gardería Municipal de Cea (Punto P.A.I.), en alta definición. 

A verdade, é que da gusto ver aos mais cativos do noso Concello. Agardamos que sexa do voso agrado.

Galego

Concentración

12.02.2015.- Mañá, venres, 13 de febreiro, ás 15:30 horas, haberá unha Concentración diante do Colexio Público para pedir a xornada única en dito centro.

O Concello de San Cristovo de Cea apoia sempre, á Comunidade Educativa do noso Colexio.

Concentracion cole de Cea

preme na imaxe para ampliar

Galego

Entroido 2015

10.02.2015 .- Chega o Entroido! Vive o Entroido.

Entroido 15

preme na imaxe para ampliala

 

Galego

Neve no noso Concello.

16.01.2015 .- Sorprendeunos o amencer regalándonos folerpas de neve para poder divisar unha paisaxe diferente. Ás consabidas dificultades que trae consigo a neve, tamén nos deixa estampas que son un verdadeiro agasallo da natureza. Visto o amencer collemos rumbo aos lugares máis altos do noso Concello e que estaban accesibles, e trouxémonos unha selección de 52 imaxes que quedarán nesta web para a lembranza y para disfrutar o regalo que esta mañá tivemos para os nosos sentidos. Agardamos que vos gusten.

Para ver unha galería de 52 imaxes da nevada de hoxe, premedes na imaxe de mostra que poñemos a continuación.

Galego

Cabalgata e Recepción dos Reis Magos: Videos

09.01.2015 .- Resumo da Cabalgata e Recepción dos Reis Magos 2015, no Edificio Multiusos.

Galego

Cabalgata e Recepción dos Reis Magos: Fotos

05.01.2015 .- A primeira nova que compartimos neste novo año, é un resumo fotográfico da Cabalgata e Recepción dos Reis Magos de Oriente. Como é tradición os nenos foron os verdadeiros protagonistas dun completo acto que se celebrou nas rúas de Cea para finalizar no Edificio Multiusos.

Tras a cabalgata polas rúas de Cea e a recepción no Edificio Multiusos, o Coro Municipal de Cea intepretou unha serie de cancións de nadal, los Reis entregaron a todos os nenos asistentes un agasallo, os nenos e nenas participantes no Ludinadal intepretaron tamén uns vilancicos ensaiados nesta actividade. Os alumnos dos intrumentos tradicionais e as Pandereteiras de Cea cerraron un interesante evento que puxo o seu broche de ouro cunha chocolatada para os asistentes.

 Resumimos a tarde en 71 imaxes que esperamos sexan do agrado de todos.

Fotos Cabalgata e Recepción Reis Magos (71 imaxes) - 05.01.2015

Galego

Concerto da Coral Camerata Auriense

26.12.2014.- Preme na imaxe para ampliar información deste evento destacado, organizado polo Concello de San Cristovo de Cea.

Coral Camerata Auriense

Galego

Bo Nadal

Bo Nadal

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares