Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
12.09.2014 .- Onte 11 de setembro no "Consello de Goberno" da Xunta de Galicia, o ente autonómico aprobou a firma do Convenio entre o Concello de San Cristovo de Cea e a Axencia Galega de Infraestruturas, mediante o cal se executará a mellora ao acceso do Polígono Industrial de Cea.
A Xunta invertirá dous millóns de euros para a realización da obra, que suporá o empuxe definitivo para o parque empresarial.
Consideramos esta como una gran nova e que será importante para o futuro do noso Concello.
Adxuntamos a nota de prensa de "Consello de Goberno" no que sae a noticia. (páxina 10)
11.09.2014 .- Temos un par de sorpresas de importancia en dous ámbitos diferentes, pero de momento non podemos adiantar case nada. Unha enmarcariámola no mundo cultural e esperamos confirmación de poder adiantala. Da outra non podemos dicir nada, pero en cuestión de horas será anunciado.
Aproveitando a noticia, anunciamos que os problemas que a web viña tendo foron solucionados. O erro 502 Bad Gateway, non aparace xa e esperemos que así se síga mantendo.
08.09.2014 .- Xa dispoñible no apartado Colaboracións - o Xiada o seu artigo Dannas e Sonnas: A Torre do Reloxo.
Coma sempre, interesante artigo do noso amigo e colaborador O Xiada, que vive Cea coma o que máis desde a distancia e aporta, sempre que é posible, o sen bo facer nesta web. Parabéns polo artigo
Para velo e leelo entra no apartado correspondente o no enlace que segue:
04.09.2014 .- Despois dun mes de agosto sen apenas actividade pola época do año, volvemos con forza e anunciamos futuras accións para a web:
Acabando de maquetar unha nova colaboración na web. Trátase dun novo artigo do noso colaborador O Xiada, que nos fixo chegar xa o pasado 14 de agosto, que titula "Dannas e Sonnas, o Reloxo da Praza". Do mesmo non imos adeiantar nada, pero a partir de mañá poderedes velo no sue apartado correspondente, e como sempre, moi interesante o artigo.
A punto de acabar tamén o Especial das Festas da Saleta 2014. A partir de mañá tamén se poderá ver a primeira parte, una parte adicada á propia Virxe da Saleta.
Con case todo o material inicial recopilado para o Especial Banda de Gaitas de Cea que consideramos debe ter o seu propio espazo ampliado na nosa web.
Esperamos que todas estas novidades sexan do agrado de todos.
04.09.2014 .- Tal día como hoxe, fai catro anos Sintonía de Vigo, Billo´s Caracas Boys, la Orqhestre National de Barbes, Armonía Show e os DJ Jose, Fernando Labrador e Victor Rivas completaban unha xornada festiva en Cea, dentro do Festival Internacional de Orquestras.
Lembramos a súa programación asi como o momento que se viviu na vila.
03.09.2014 .- Á hora de publicación deste artigo, fai catro anos, estaba recén inaugurado o Festival Internacional de Orquestras de Galicia, que se celebrou por primeira é única vez na capitalidade do noso Concello.
E neste intre precisamente, a Praza Maior de Cea estaba ateigada de xente disfrutando da actuación de Los Melódicos de Venezuela.
Queremos simplemente lembrar o maior evento celebrado no noso Concello en canto a afluencia e relevancia, coa esperanza de que algún día se poda volver a celebrar.
Acompañamos o artigo dunha foto. Dunha foto no Campo de fútbol do Lodairo en plena actuación dos populares Billo´s Caracas Boys, que verdadeiramente convertíronse no maior reclamo do Festival
03.09.2014 .- A Comisión Organizadora acaba de publicar o programa do que será a Festa na Honra á Nosa Señora a Virxe da Saleta. Desde o Concello de San Cristovo de Cea agradecemos de maneira anticipada o seu traballo, o seu bo traballo, para celebrar un ano más as festas, todo unha referencia en toda a comarca e na provincia.
Aproveitamos para invitar a todos a asistir desde o día 19 do presente mes de setembro a todas e a cada unha das actividades programadas e compartir con nós as nosas festas.
Intentaremos, ademais, desde as nosas posibilidades promocionar as festas. Os nosos perfís sociais e a nosa web tratarán de facer un forte reclamo para as festas.
03.09.2014 .- Engadimos un Bando á web, no que se informa que unha unidade movil da I.T.V instalarase en Cea para poder realizar a mesma aos vehiculos agrícolas.
Para ampliar información preme no enlace que segue