Oseira

Mensaxe de erro

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).

Proxecto Historia: unha nova foto!

14.06.2014 .- Seguimos ampliando o noso apartado Proxecto Historia. Nesta ocasión subimos, e poñémola de primeira na lista unha foto Coro de Ceado Coro, do Coro de Cea, como era coñecido e que tan boas lembranzas nos trae.

Daquel Coro (hoxe temos un ideado noutro tipo de concepto), quédanos o recordo, un grato recordo, do ben que amenizaban e do bo ambiente que permanecía no grupo, facendo algo sano, algo cultural e que marcou, de seguro a infancia, adolescencia e xuventude dos seus compoñentes.

Entre todos debemos facer este apartado máis grande e, por tanto máis interesante para que todos o podamos disfrutar. Como xa sabedes quedamos á vosa disposición para recoller e publicar as fotos que consideredes que deben estar neste espazo.

Galego

Festa del Pan: entradas á venda

12.06.2014 .- Xa están dispoñibles nos puntos de venda habituais as entradas para o XantarXantar Organizado. Festa do Pan 2014a Organizado da Festa do Pan. Os fornos adscritos á IXP, o Concello e os locais de hostelería da Vila xa teñen no seu poder as entradas, que como en anos anteriores da acceso ao recinto que a organización dispón no Campo da Saleta para poder disfrutar dun menú basado en productos galegos de calidade.

Queremos aproveitar para agradecer a todos os colaboradores a súas aportacións.

Pulsando na imase da noticia podedes ver ampliada esta información.

Galego

O Albergue do Mosteiro de Oseira

05.06.2014 .- Sabiamos que o actual estado do Albergue do Mosteiro de Oseira era óptiLuc, alberguero de Oseiramo, pero nunha visita ao propio Cenobio Ursariense, un dos monxes alertounos de que nalgúns foros, posiblemente de forma interesada, alguén comentaba a presenza de humidades, de mal estado das instalacións, etc.

Acercámonos ao propio Albergue para comprobalo in situ, e pudemos comprobar, e quen o desexe pode comprobalo nas fotos que subimos á nosa conta de Flickr (pulsa aqui para velas), que non so está en bo estado, en moi bo estado, senón que dispón dun coidado extremo e está dirixido por un atentísimo Luc, alberguero belga que, ademais de ser un gran coñecedor do Camiño, é un perfecto e amabilísimo pousadeiro. Con el entrevistámonos durante uns 15 minutos e pudemos comprobar que coida até o máis mínimo detalle.

Galego

Ruta do Fornos: festa do Pan 2014

04.06.2014 .- Xa podemos adiantar algo da edición deste ano da Festa do Pan. Iniciativa novidosa, A Ruta dos Fornos. De momento pouco máis podemos dicir. Ruta do Fornos. Festa do Pan 2014

Eso si, a xente que esté interesada en colaborar de xeito desinteresado (nunca económicamente, por suposto), coa súa presenza nalgún posto de axuda a realización desta actividade que contacte con nós ou ben co Consello Regulador da IXP Pan de Cea, aos interesados informaráselle de que se trata esta labor de voluntariado e con que serán agasallados.

Xa queda menos.... está cerca a 23ª Edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea

Galego

Proxecto Historia: Online xa!!!

02.06.2014 .- Xa dispoñible na web o apartado Proxecto Historia. Ás catro fotos que xa tiñamos engadimos catro novas, que poProxecto Historiadedes comentar (se estades rexistrados na web). 

O rexistro podese facer a través das vosas contas de Facebook ou directamente na web, cun email válido e poñendo datos reais.

Agardamos que estas fotos sexan do voso agrado e que nos axudedes a identificar e ubicar cada imaxe.

Do mesmo xeito, xa anunciamos que a seguinte foto antiga será doutra das agrupacións senlleiras do noso Concello, o Coro Municipal, que marcou época nos anos 80 e que seguimos a botar de menos.

Nota: a boa labor desempeñada polo actual coro, non ten nada que ver co anterior coro por a propia idea das dúas formacións.

 

Galego

Festa do Pan. Ano 23

30.05.2014 .- Un ano máis o campo dAs Cantareiras de Ardebullo deron o Pregón o ano 2013a Saleta acollerá a Festa de Exaltación do Pan de Cea. O Consello Regulador da IXP Pan de Cea coa colaboración do Concello de San Cristovo de Cea está a ultimar o programa, que este ano tera novidades importantes.

Agardamos poder ampliar información nas vindeiras datas.

Lembramos que a Festa do Pan celébrase en Cea o primeiro domingo de xullo, e que ano tras ano acolle a milleiros de persoas desde 1992.

Galego

Grazas

29.05.2014 .- Despois dun mes coa web baixo mínimos, onte, 28 de maio, reabrímola coa maioría dos contido que tiña, pensando en poder aportar un novo deseño, máis intuitivo e adaptado á tecnoloxía de hoxe. A web adáptase aos novos dispositivos, máis comúns que fai un tempo, como teléfonos intelexente e tabletas, agardamos que o cambio fora do agrado de todos os que a diario nos visitades e contamos que as novidades que pouco a pouco iremos engadindo fagan que sigades tomando esta web dentro das vosas "favoritas"

Por outra parte, pensamos na posiblidade de que exista un rexistro de usuarios, que se fará a traves da web ou conectándose con Facebook para poder interactuar na mesma, comentar nos apartados que se habiliten para elo e máis, incluso engadir á web aportacións propias. Estas opcións de momento non están dispoñibles.

Todos os apartados na parte inferior marcan o idioma do apartado, e un enlace para a traducción aos idiomas dispoñibles, polo de agora español e galego. Tamén no pé de todas ás paxinas dispoñemos da posibilidade de poder cambiar o idioma.

Galego

20 anos: aquel 28 de maio de 1994

28.05.2014 .- En primeira persoa cóntannos como foi aquel 28 de maio, no que os xuvenís de CD Cea gañan a Copa Deputación na súa categoria.Formación

 

Xa 20 anos…

Aquel 28 de maio de 1994… un grupo de imberbes rapaces de Cea e do seu Concello…

Nunca nos viramos noutra... Xogar a final da Copa Deputación, no Couto. Buff, para nós como se fora a final da Champións.

Casa sen querelo e sen contalo, fomos pasando eliminatoria tras eliminatoria, e plantámonos na Final, na Gran Final, contra o Ribadavia, menuda, un equipazo tiñan o ribeiraos, pero en ilusión, como moito, empatabamos.

Galego

¿Consideras que a páxina web mellorou co cambio?

Galego

O Pan de Cea e O Mosteiro

 

Fachada del Monasterio. Foto de Mani Moretón para el Monasterio de Oseira

Seguramente o máis representativo do noso Concello. Por iso, no menú da dereita dispoñen dun enlace á información que temos na web.

De ambos ampliamos información en cada apartado e de ambos recomendamos que visiten as súas respectivas páxinas web, nelas poderán informarse con máis profundidade.

Recomendamos www.pandecea.org e www.mosteirodeoseira.org

 

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares