Inicio da Obras de Mellora do Acceso ao Polígono Industrial de Cea

08.03.2015 .- O pasado luns iniciaronse as obras de mellora do acceso ao Polígono Industrial de Cea. Obra pola que o Alcalde e o equipo de goberno leva anos loitando e que, por fin comeza a facerse realidade. 

A difícil situación económica actual non foi obstáculo para poder obter financiación  a través da Xunta de Galicia, para dar, desta forma, un importante impulso o tecido empresarial do noso Concello.

Xa desde que se iniciaron os primeiros trámites para poder darlle forma a esta iniciativa, bastantes empresas se amosaron interesadas en poder instalarse en Cea, dado que está ubicado nunha situación ideal, polas comunicacións existentes e estar en pleno corazón de Galicia.

Van a ser 15 meses de traballos no Polígono para poder realizar unha infraestructura que contará con tódalas comodidades para que as empresas interesadas podan instalarse no noso concello, algo que consideramos é beneficioso para seguir apostando por Cea como destino, e que coidamos será un importante pulo para o noso futuro.

Desde xa e a falta de rematar estas obras que comezaron fai apenas seis días, podemos adiantar que as comodidades e facilidades que se darán as empresas interesadas serán importantes ao ter uns custes para as propias empresas dos mais baixos de toda a comunidade.

Compartimos fotos do estado actual, e faremos un seguimento fotográfico da evolución das obras.

Poligono 25.02.2015 

 

 

 

 

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares