Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

XXIV Festa do Pan de Cea

04.03.2015 .-  Con catro meses de antelación, adiantamos en exclusiva o Cartel Oficial da XXIV Festa de Exaltación do Pan de Cea. 

A publicación con tanta antelación ven dun acordo co Consello Regulador da IXP Pan de Cea, no que se decidiu sacalo con tanta premura para poder aproveitar as facilidades actuais que as novas tecnoloxias aportan en canto a promoción e de paso, poder expoñelo xa en diferentes Feiras e Festas Gastronómicas nas que o Pan de Cea está presente.

En Xantar, esta semana, xa se poderá ver nunha exposición de carteis de Festas Gastronómicas e no propio stand do Consello Regulador da IXP Pan de Cea. Lembramos que Xantar é un Salón Internacional de Gastronomía, que se celebra en Ourense e que ten 40.000 visitantes aproximadamente (edición 2014), polo que consideramos que é importante estar xa alí presente o cartel.

Agardamos que vos guste

Cartel Oficial XXIV Festa do Pan de Cea

preme na imaxe para ampliar

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares