27.03.2020.- Creamos na web un enlace para que todos os que así o consideren, se unan a Adhesión para nomear a Dona Marisa Crespo Leiro, Filla Predilecta do Concello de San Cristovo de Cea. Poden acceder o formulario de adhesión premendo no enlace habilitado no menú da dereita ou na imaxe que segue.
20.12.2019.- Compartimos a Axenda Cultural para as vindeiras datas. Dispoñible tamén no enlace habilitado no menú da dereita. Preme nas imaxes para ampliar ou debaixo delas para a súa descarga e impresión.
12.07.2019.- Trátase dunha canle de difusión das actividades municipais que son de interese xeral para os veciños (culturais, deportivas, sociais…), bandos municipais, calendario fiscal, alertas e situacións de emerxencia, convocatorias e outras noticias.
07.02.2019.- Debido a que as diferentes operadoras de telefonía móbil comezaron a operar na rede con tecnoloxía 4G na banda de 800 mhz, pode que se vexa afectada a TDT (Televisión), con interferencias. Llega800 é a empresa á que acudir para solucionar de xeito gratuito este inconveniente. Preme na imaxe para ampliar información.
07.01.2019.- Compartimos un Bando Informativo sobre Axudas por Danos Agrícolas Causados polo Xabaril. Lembramos que nesta web hai un apartado á dereita onde se relacionan subvencións varias, entre as que hai recentemente engadidas unhas sobre este tema. Nese mesmo apartado relacionanse todas as subvencións que van saindo.
Bando Sobre Danos Agrícolas Causados polo Xabaril (Preme na imaxe para ampliar)