Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
06.11.2016.- Incorporamos á nosa canle de You Tube o programa Festeiros de V Televisión que se gravou en Cea o pasado 4 de xullo, durante a XXV festa de Exaltación do Pan de Cea. Poñemos tamen directamente o vídeo nesta nova:
05.11.2016.- "Os Xeranios do Señor Alfonso". Unha curta moi curta sobre a comprensión, os coidados e o cariño. Co telón de fondo do despoboamento do rural. Dúas xeracións que se atopan, dous mundos que se xuntan e que non se esquecerán xamais.
02.11.2016.- Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, o Concello de San Cristovo de Cea organiza un Magosto Popular. Será o vindeiro sábado 19 de novembro. Preme na imaxe para ampliar.
21.10.2016.- O Concello de Cea participa no Programa Europeo "Europa para os cidadáns" (Active Citizenship for a Tighter-knit Europe). Este programa será o punto de partida para o irmamento coa ciudade italiana de Gallese, coa que a figura do Monxe Alémán San Famiano, monxe ademais do Mosteiro de Oseira, será o nexo de unión.
Compartimos un arquivo sobre os actos iniciais do programa. Click aquí para velo
19.10.2016 .- Hoxe recibimos a Francisco Fernández, á súa hermana e a á súa dona en Cea. Trátase da terceira xeneración duns emigrantes do noso Concello en Chile. Foi un placer poder charlar con eles uns minutos e poder ensinarlles o máis relevante do noso municipio. A pena o pouco tempo do que dispoñían. Un auténtico orgullo que Cea e o seu Concello lles gustara e que neles brotara un fermoso sentimento cara o pobo que foi dos seus antepasados.
04.10.2016.- Onte presentaronse as Aulas de Inglés 2016. Se estás interesado ainda estás a tempo. Consulta na Axenda Cultural todas as actividades programadas.