Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
06.07.2016 .- Dispoñible no apartado Axenda Cultural a programación para os meses de xullo, agosto e setembro. Preme ns imaxes para ampliar información.
06.07.2016 .- Procedemento aberto, tramitación ordinaria, varios criterios de adxudicación para a execución da obra "Renovación de instalacións de alumeado público exterior municipal" no Concello de San Cristovo de Cea.
27.06.2016 .- Éxito na I Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea. Gran ambiente e elevada participación neste evento que marca o inicio da XXV Festa de Exaltación do Pan de Cea. Agradecemos a todos os participantes, colaboradores, patrocinadores a labor realizada. Asimesmo agradecemos a AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Ela, Parkinson e outra enfermidades Neurodexenerativas) a súa presenza e o importante traballo que veñen realizando. Compartimos 93 imaxes que resumen a xornada de onte.Preme na foto que segue para ver as fotos:
18.05.2016.- Adxuntamos Anuncio de Licitación e Prego de Clausulas Administrativas Particulares para a "“Renovación de Instalacións de Alumeado Público Exterior Municipal”. Preme no seguinte enlace para descargalas.
02.05.2016.-Pablo González, amigo e colaborador da Comunidade de Oseira e desta páxina web comparte con nós este magnífico vídeo do Mosteiro de Oseira de xeito totalmente desinteresado.
Agradecemos o detalle a Pablo e valoramos un traballo verdadeiramente espectacular.
05.04.2016.- Concerto da Escolanía de Lluc no Mosteiro de Oseira. Coorganizada entre o Concello de Cea e O CEIP Virxe da Saleta. Preme na imaxe para ampliar.
16.03.2016.- Para a vindeira Semana Santa propoñemos dúas actividades para os interesados:
CINE EN LEIRO: (Martes 22 de marzo)
Película: Kung fu Panda 3 - Saída ás 11 horas desde a Casa do Concello - Prezo 6 € empadroados 10 € non empadroados. Prazo de inscrición ata o 21 de marzo
ENCONTRO ENTRE CATIVOS E MAIORES NA RESIDENCIA A SALETA (Mércores 23 de marzo)
14.03.2016 .- Preme no seguinte enlace para ver a lista provisional de admitidos e excluidos para a creación de nove prazas no servizo de Axuda no Fogar.