Oseira

Acta del tribunal del segundo ejercicio y final, de la convocatoria para cubrir tres plazas de "Auxiliar de Axuda no Fogar"

15.06.2015.- Adxuntamos a Acta do tribunal do segundo exercicio e final, da convocatoria para cubrir tres prazas de "Auxiliar de Axuda no Fogar". Preme no enlace que segue para ver o arquivo:

Acta do tribunal do segundo exercicio e final, da convocatoria para cubrir tres prazas de "Auxiliar de Axuda no Fogar"

Galego

Acta do tribunal do primeiro exercicio test, da convocatoria para cubrir tres prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar

15.01.2015 .- Adxuntamos a Acta do tribunal do primeiro exercicio test, da convocatoria para cubrir tres prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar. Preme no enlace que segue

Acta do tribunal do primeiro exercicio test, da convocatoria para cubrir tres prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar 

Galego

Acta de Constitución do Tribunal e desenvolvemento da calificación de formación e de experiencia profesional

15.06.2015 .- Adxuntamos el Acta de Constitución do Tribunal e desenvolvemento da calificación de formación e de experiencia profesional da convocatoria para cubrir tres prazas de "Auxiliar de Axuda no Fogar" do Concello de San Cristovo de Cea. Preme no enlace que sigue para ver el acta:

Acta de Constitución do Tribunal e desenvolvemento da calificación de formación e de experiencia profesional

Galego

Listado admitidos e excluidos Servicio de Axuda no Fogar Concello de San Cristovo de Cea

12.06.2015 .- Adxuntamos o Listado admitidos e excluidos Servicio de Axuda no Fogar Concello de San Cristovo de Cea. Para velo preme no enlace que segue:

Listado admitidos y excluidos Servicio de Axuda no Fogar Concello de San Cristovo de Cea

Galego

Festa do Pan, Ruta dos Fornos e moitas novidades

12.06.2015 .- Pasado o período electoral, retomamos a actividade normal da web para seguir mantendo informados a veciños e visitantes de todo canto acontece no noso Concello e de todo canto estamos nos mesmos informados, por iso pregamos que calquera nova que se considere de interese, sexa enviadaao noso contacto electrónico para poder publicala.

Desde o Concello de San Cristovo de Cea e desde o Consello Regulador da IXP Pan de Cea levamos meses traballando na XXIV Festa do Pan de Cea, por iso xa en febreiro presentamos o cartel oficial que se poderá ver xa desde o vindeiro fin de semana en rúas e establecementos comerciais tentanto ubicalos en lugares visibles e apropiados.

Galego

Eleccións Municipais - 24 de maio de 2015

25.05.2015.- Onte domingo 24 de maio de 2015 celebráronse no noso Concello Eleccións Municipais, cos datos que a continuación reflexamos.

Escrutado: 100%

Total votantes: 1.645 (76,30%)
Abstención: 511(23,70%)
Votos nulos: 24 (1,46%)
Votos en branco: 22 (1,36%)


 

Galego

Serie Pobo a Pobo

15.03.2015 .- Estamos a compartir nas nosas Redes Sociais unha serie de fotografias que denominamos "Pobo a Pobo", na que estamos a publicar fotos de tódolos pobos do Concello. 

A iniciativa, polo de agora, está a resultar todo un éxito con numerosas interaccións nas mesmas. De momento estamos coa parroquia de Oseira e, entre todas as fotos compartidas, destaca unha que recibiu a día de hoxe máis de 7.000 visitas con unhas 800 interaccións, entre Me Gusta, comentarios e imaxe compartida.

Deixámola aquí, anunciando un novo apartado nesta web que conterá todas esas imaxes cando teñamos o propio máis avanzado.

Mosteiro de Oseira

preme na imaxe para ampliar

Galego

Dia Internacional da Muller Traballadora

09.03.2015 .- Onte, 8 de marzo celebrábase o Día Internacional da Muller Traballadora, e en Cea por iniciativa da Asociación de Mulleres Rurais Maximino e Melania, coa colaboración do Concello de San Cristovo de Cea, realizouse un acto conmemorativo no Campo da Saleta da capital do Concello.

Adxuntamos un par de imaxes, que se amplían o premelas e un video de dito acto.

Día Internacional da Muller Traballadora 2015 Día Internacional da Muller Traballadora 2015

 

 

Galego

XXIV Festa do Pan de Cea

04.03.2015 .-  Con catro meses de antelación, adiantamos en exclusiva o Cartel Oficial da XXIV Festa de Exaltación do Pan de Cea

A publicación con tanta antelación ven dun acordo co Consello Regulador da IXP Pan de Cea, no que se decidiu sacalo con tanta premura para poder aproveitar as facilidades actuais que as novas tecnoloxias aportan en canto a promoción e de paso, poder expoñelo xa en diferentes Feiras e Festas Gastronómicas nas que o Pan de Cea está presente.

En Xantar, esta semana, xa se poderá ver nunha exposición de carteis de Festas Gastronómicas e no propio stand do Consello Regulador da IXP Pan de Cea. Lembramos que Xantar é un Salón Internacional de Gastronomía, que se celebra en Ourense e que ten 40.000 visitantes aproximadamente (edición 2014), polo que consideramos que é importante estar xa alí presente o cartel.

Agardamos que vos guste

Galego

Inicio da Obras de Mellora do Acceso ao Polígono Industrial de Cea

08.03.2015 .- O pasado luns iniciaronse as obras de mellora do acceso ao Polígono Industrial de Cea. Obra pola que o Alcalde e o equipo de goberno leva anos loitando e que, por fin comeza a facerse realidade. 

A difícil situación económica actual non foi obstáculo para poder obter financiación  a través da Xunta de Galicia, para dar, desta forma, un importante impulso o tecido empresarial do noso Concello.

Xa desde que se iniciaron os primeiros trámites para poder darlle forma a esta iniciativa, bastantes empresas se amosaron interesadas en poder instalarse en Cea, dado que está ubicado nunha situación ideal, polas comunicacións existentes e estar en pleno corazón de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares