Oseira

Neve no noso Concello.

16.01.2015 .- Sorprendeunos o amencer regalándonos folerpas de neve para poder divisar unha paisaxe diferente. Ás consabidas dificultades que trae consigo a neve, tamén nos deixa estampas que son un verdadeiro agasallo da natureza. Visto o amencer collemos rumbo aos lugares máis altos do noso Concello e que estaban accesibles, e trouxémonos unha selección de 52 imaxes que quedarán nesta web para a lembranza y para disfrutar o regalo que esta mañá tivemos para os nosos sentidos. Agardamos que vos gusten.

Para ver unha galería de 52 imaxes da nevada de hoxe, premedes na imaxe de mostra que poñemos a continuación.

Galego

Cabalgata e Recepción dos Reis Magos: Videos

09.01.2015 .- Resumo da Cabalgata e Recepción dos Reis Magos 2015, no Edificio Multiusos.

Galego

Cabalgata e Recepción dos Reis Magos: Fotos

05.01.2015 .- A primeira nova que compartimos neste novo año, é un resumo fotográfico da Cabalgata e Recepción dos Reis Magos de Oriente. Como é tradición os nenos foron os verdadeiros protagonistas dun completo acto que se celebrou nas rúas de Cea para finalizar no Edificio Multiusos.

Tras a cabalgata polas rúas de Cea e a recepción no Edificio Multiusos, o Coro Municipal de Cea intepretou unha serie de cancións de nadal, los Reis entregaron a todos os nenos asistentes un agasallo, os nenos e nenas participantes no Ludinadal intepretaron tamén uns vilancicos ensaiados nesta actividade. Os alumnos dos intrumentos tradicionais e as Pandereteiras de Cea cerraron un interesante evento que puxo o seu broche de ouro cunha chocolatada para os asistentes.

 Resumimos a tarde en 71 imaxes que esperamos sexan do agrado de todos.

Fotos Cabalgata e Recepción Reis Magos (71 imaxes) - 05.01.2015

Galego

Concerto da Coral Camerata Auriense

26.12.2014.- Preme na imaxe para ampliar información deste evento destacado, organizado polo Concello de San Cristovo de Cea.

Coral Camerata Auriense

Galego

Bo Nadal

Bo Nadal

Galego

Axenda Cultural

20.12.2014 .- Xa dispoñible na web a Axenda Culural para os meses de Decembro e Xaneiro.

Como sempre, un interesante conxunto de actividades pensadas en todos os publicos para estas datas de Nadal.

Para vela, preme no enlace da dereita da web.

Galego

Coñece a túa provincia: Excursión

12.11.2014 .- 

Excursión "Coñece a túa Provincia"

Galego

Magosto 2014

11.11.2014 .- 

Magosto 2014

Galego

Resumo Verán 2014 en vídeo

04.11.2014 .- Engadimos un vídeo que resume o Verán 2014 e as actividades realizadas. Agardamos que vos guste!

 

Galego

MELLORA DO ACCESO Ó POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CRISTOVO DE CEA

31.10.2014 .- O pasado venres 24 de outubro publicáronse as bases de contratación para a "MELLORA DO ACCESO Ó POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CRISTOVO DE CEA", por un importe de 2.002.000 €.

Unha nova que será importante de cara o futuro e que agardamos supoña un estímulo para todo o concello.

No perfil do contratante da web da Deputación de Ourense atópanse as bases. (http://dpouv2.depourense.es/index.php/perfil-do-contratante)

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares