Exposición Fotográfica: Cea Refulxe

29.02.2016 .- O pasado venres 26 de febreiro inaugurouse no Edificio Multiusos do Concello de San Cristovo de Cea unha interesante exposición, onde o Mosteiro de Oseira e o Pan de Cea son os protagonistas. "Cea Refulxe" é unha colección fotográfica de Xulio Gil, coordinada por Xabier Límia, que reflexa desde o punto de vista do autor imaxes únicas tanto do Mosteiro como do Pan de Cea.

Esta exposición estará no Edificio Multiusos aproximadamente dous meses, e coincide no tempo co curso da Uned que anunciamos fai días sobre o patrimonio cultural de cea e Oseira. Aconsellamos visitala.

Adxuntamos 17 imaxes da inauguración. Preme na foto que segue.

Cea Refulxe: Inauguración

Cea Refulxe (inauguración 17 imaxes)

© www.concellodecea.com

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares