Oseira

Fiou: 4 anos (Parte 2)

04.09.2014 .- Tal día como hoxe, fai catro anos Sintonía de Vigo, Billo´s Caracas Boys, la Orqhestre National de Barbes, Armonía Show e os DJ Jose, Fernando Labrador e Victor Rivas completaban unha xornada festiva en Cea, dentro do Festival Internacional de Orquestras.

Lembramos a súa programación asi como o momento que se viviu na vila.

Fiou Año 2010

Preme para ampliar

 

Galego

FIOU: 4 anos

03.09.2014 .- Á hora de publicación deste artigo, fai catro anos, estaba recén inaugurado o FFiou: Billo´s Caracas Boys (Cea - 2010)estival Internacional de Orquestras de Galicia, que se celebrou por primeira é única vez na capitalidade do noso Concello.

E neste intre precisamente, a Praza Maior de Cea estaba ateigada de xente disfrutando da actuación de Los Melódicos de Venezuela.

Queremos simplemente lembrar o maior evento celebrado no noso Concello en canto a afluencia e relevancia, coa esperanza de que algún día se poda volver a celebrar.

Acompañamos o artigo dunha foto. Dunha foto no Campo de fútbol do Lodairo en plena actuación dos populares Billo´s Caracas Boys, que verdadeiramente convertíronse no maior reclamo do Festival

Galego

Festas da Saleta 2014

03.09.2014 .-  A Comisión Organizadora acaba de publicar o programa do que será a Festa na Honra á Nosa Señora a Virxe da Saleta. Desde o CoFesta da Saleta 2014ncello de San Cristovo de Cea agradecemos de maneira anticipada o seu traballo, o seu bo traballo, para celebrar un ano más as festas, todo unha referencia en toda a comarca e na provincia.

Aproveitamos para invitar a todos a asistir desde o día 19 do presente mes de setembro a todas e a cada unha das actividades programadas e compartir con nós as nosas festas.

Intentaremos, ademais, desde as nosas posibilidades promocionar as festas. Os nosos perfís sociais e a nosa web tratarán de facer un forte reclamo para as festas.

Galego

Bando: ITV

03.09.2014 .- Engadimos un Bando á web, no que se informa que unha unidade movil da I.T.V  instalarase en Cea para poder realizar a mesma aos vehiculos agrícolas.

Para ampliar información preme no enlace que segue

BANDO MUNICIPAL

Galego

Bando: Bolsa de Emprego

03.09.2014 .- Publicamos un Bando Municipal con anuncio dunha Bolsa de Emprego.

Para ampliar información preme no enlace que segue:

BANDO MUNICIPAL

 

Galego

Nota de prensa: Arquivada a imputación contra o Alcalde e o Secretario

06.08.2014.- O pasado día 24/06/2014 o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución do Carballiño decretou o arquivo do procedemento que por suborno se iniciara de oficio contra o Alcalde e o Secretario Municipal, en virtude do testemuño remitido polo Xulgado n.º 5 de Vigo que xulga o denominado caso das 5 Jotas, e que supuxera a imputación do Alcalde e o Secretario Municipal.

En auto de arquivo a Maxistrado-Xuíz sinala a falta de indicios racionais da comisión do delito que se imputaba, argumento que igualmente destaca a fiscalía no seu informe, salientando esta que das dilixencias practicadas unicamente se deriva unha controversia relativa ao cumpro dos convenios subscritos entre o Concello

Galego

Ludiverán 2014

31.07.2014 .- Compartimos 39 imaxes que resumen o mes de Xullo de Ludiverán 2014, ou o que é o meLudiverán 2014smo, as actividades realizadas polos nenos e nenas do noso Concello nas mañás de verán.

Esperamos que éstas, sexan do agrado de todos os participartes 

Ludiverán 2014 (Mes de Xullo) - 39 fotos

Galego

Banda de Gaitas de Cea: A Ilusión do Ben Facer

29.07.2014 .-Banda de Gaitas de Cea foi durante anos unha referenciAno 2000. Paris (Francia)a na provincia e incluso na nosa Comunidade Autónoma. É, ainda, a máis laureada das Bandas de Gaitas de Galicia e o lóxico paso do tempo e a ausencia de relevo xeneracional provocou a súa desaparición alá por finais de 2009.

Case cinco años despois, e ainda coa esperanza de volver a ver a formación algún día en activo, estamos preparando un especial que profundizará neste emblema, un máis, que tivo e mantén o noso Concello.

Galego

TU NON ERES DE CEA SE...

20.07.2014 .- Onte case de forma espontánea, e tras a recomenTu non eres de Cea sedación de alguén, creamos en Facebook un grupo que definíamos como "TU NON ERES DE CEA SE...", pois ben, a iniciativa tivo unha inmellorable aceptación.

O desorden propio de Facebook impídenos dar cifras reais, pero con xa 135 membros, estamos seguros que o número de mensaxes acércase ao millar.

Grazas a todos e menudos recordossss!!!!

Subimos algúns dos mensaxes e estamos pensando a posibilidad de facer un apartado especial na web cos "TU NON ERES DE CEA SE..."

Galego

San Cristovo: Procesión de Camións

15.07.2014 .- O pasado sábado, día 12 de xullo, os profesionais do transporte do noso Concello e arredores  reuníanse en torno a San Cristovo, o seu Patrón e Patrón do noso Concello, coa tradicional procesión de camións e Misa, para honrar ó Santo.

A celebración rematou cunha romería popular, no incomparable marco do Campo da Saleta.

Adxuntamos galería fotográfica, que podedes ver no enlace que segue ou no apartado En Fotos

Procesión de Camións: San Cristovo (12.07.2014)

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares