Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea

01.06.2017.- Por segundo ano consecutivo o Concello de Cea e o Consello Regulador da IXP Pan de Cea organizan unha Andaina Solidaria como un acto máis da Festa do Pan. Será o domingo anterior, como o ano pasado, e este será en favor de Oncomet, un grupo galego de investigación da biopsia líquida, en pos da detección precoz do cancro.

Será, por tanto o 25 de xuño, con dous percorridos (10 e 22 kms.), a inscrición é ata o 23 de xuño, realizando un ingreso na conta habilitada en ABANCA de 8 €. A Recadación, ( o ano pasado entregouse a AODEM case o 85% do recibido)será para este grupo de investigación.

Como novidade está o servizo de duchas que se habilitará no pavillón polideportivo. O rematar a proba haberá un pincho para os asistentes con Pan de Cea e produtos doados polos colaboradores e outros que aportará a propia organización. Tamén haberá un sorteo de agasallos doados por empresas da zona e colaboradoras nesta iniciativa solidaria.

Adxuntamos o cartel, en breve compartiremos os colaboradores 

Andaina Solidaria 2017

© www.concellodecea.com

 

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares