Aulas de Ingles - Grupo Infantil

11.01.2016 .- Comezan as Aulas de Inglés para o grupo infantil. Ramata o prazo de inscrición o vindeiro 30 de xaneiro. Non esperes á última hora.

Aulas de Ingles - Grupo Infantil

preme na imaxen para ampliar

Galego

Recepción de Reis Magos 2016: Videos

08.01.2016 .- Compartimos 10 videos das actuacións dos participantes do LudiNadal 2016 e do Coro Municipal na Recepción dos Reis Magos, celebrada no edificio Multiusos o pasado 5 de xaneiro do presente ano.

Galego

Recepción dos Reis Magos 2016: Fotos

08.01.2015 .- Adxuntamos a galería fotográfica da Recepción dos Reis Magos 2016. Preme no enlace que segue para velas, oo accede ao noso apartado En Fotos na sección da dereita para ver todos ps nosos álbumes.

Fotos Recepción de Reis Magos 2016

Galego

Axenda Cultural (Decembro 15 - Xaneiro 16)

18.12.2015 .- Engadimos a Axenda Cultural para os meses de decembro de 2015 e Xaneiro 2016. Preme no enlace que segue para abrila.

Agenda Cultural

Galego

Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero

20.11.2015 - En Cea sumámonos!!! Lembrade, o vindeiro mércores, ás 13:00 horas na Praza Maior.

Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero

preme para ampliar

Galego

Magosto 2015 - Gardería

19.11.2015 .- Engadimos ao noso Apartado En Fotos as do Magosto da Gardería Municipal. Para velas preme no enlace que segue

Magosto 2015 - Gardería

Galego

Novo Superior en Oseira

11.11.2015 .- A comunidade de monxes de Oseira conta con novo superior, cuxo nomeamento faise efectivo no día de hoxe, festividade de San Martíño de Tours. Trátase de Alfonso Lora Astudillo, natural de Fuentes de Andalucía (Sevilla). Ten actualmente 65 anos e foi de profesión enfermeiro en Sevilla antes de entrar en Oseira o 23 de xaneiro de 2008. Posteriormente, fixo a súa profesión perpetua o 11 de xullo de 2013.

O abade de San Isidro de Dueñas, Juan Javier Martín Hernández, comisionado polo abade xeral da Orde Cisterciense e en presenza do Obispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet, nombrouno novo superior da abadía de Santa María la Real de Oseira o pasado día 9 deste mes de novembro.

Galego

Magosto 2015

27.10.2015 .- Un ano máis o Concello de San Cristovo de Cea organiza un Magosto Popular para os veciños e veciñas de todo o municipio.

Xa están á venda os Bonos no Concello.

Para ampliar información preme na foto que segue

Magosto 2015

Galego

Aviso Importante

22.10.2015.- Detectouse a posibilidade de que no Cemiterio Parroquial de Cea exista un niño de Vespa Velutina (A Vespa Asiática).

Por iste motivo prégase a todos os usuarios que extremen precaucións.

Ao mesmo tempo xa están avisados os órganos competentes para subsanar esta incidencia e agardamos que en cuestión de horas teñamos noticias sobre a resolución do problema.

Galego

Vaia Troula desde Cea

28.09.2015 .- Desde o seguinte enlace pédese ver a emisión do programa de TVG Vaia Troula gravado nas Festas da Saleta 2015. 

Vaia Troula- Festas da Saleta 2015

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares